Empresas e familias de Valiñas quedarán sen teléfono e internet por culpa de Telefónica.

Empresas e familias de Valiñas quedarán sen teléfono e internet por culpa de Telefónica.

Creada
25 de marzo de 2020
Dirigida a
Firmas: 339Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Raúl Vilas Piñeiro

Diríxome a vostedes coa intención de que o problema polo que estamos pasando os veciños de Valiñas (Barro) se faga eco entre as institucións da Xunta de Galicia que son responsables do "Plan de Banda Ancha 2020", contando cunha inversión pública de 14,2 millóns de euros, co-financiados nun 75 % polo "Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural" (FEADER).

Todo comezou certos meses atrás cando os veciños de Valiñas comezamos a recibir chamadas da empresa con razón social Telefónica de España S.A, dicíndonos que o internet por cable e a liña de teléfono que tiñamos dispoñible ata ese momento ía cortar o seu servizo, derivado do peche da centraliña que posúe dita empresa en San Antoniño(Barro).

Ao comezo simplemente nos dicían que a opción de internet e teléfono por cable ía deixar de estar dispoñible e polo tanto íamos ter que cambiar o servizo ou ben a radio ou a fibra óptica, en ningún momento se nos puxo sobre a mesa a opción de cambiar a satélite.

Obter internet e teléfono a través da fibra óptica é imposible xa que nesta zona non temos instalación deste servizo (si que esta dispoñible en zonas moi próximas dentro do mesmo concello, polo cal o gasto supoñería pouca cantidade de diñeiro). Polo tanto, a única opción posible era dar este servizo por radio, o cal tamén se demostrou que era inviable despois de que varios técnicos acudiran as casas dos veciños e as empresas para proceder a instalación e comprobaran que a cobertura era insuficiente.

Despois de que os técnicos non nos ofreceran ningunha solución, os veciños seguimos chamando a empresa Telefónica S.A para pedir explicacións de como ían solucionar este problema, e nunca obtivemos unha resposta por parte da empresa, a cal solo nos daba largas.

Recentemente a empresa volveu a poñerse en contacto cos veciños para ameazalos conforme se non se cambiaba o tipo de servizo íamos quedar sen acceso a internet e telefono, intentóuselle explicar de novo a situación a que foi ignorada completamente por parte da empresa.

Por último, recibiuse un burofax da empresa citada anteriormente que o día 1 de abril se procedería ao peche do servizo. Sen importar en ningún momento a situación actual pola que pasa o pais (estado de alarma decretado polo goberno español con motivo do virus COVID-19) polo cal moitos veciños coma min mesmo, se atopan tele-traballando no seu domicilio e outros moitos accedendo a plataformas online para recibir clases ou ben na universidade ou en cursos anteriores.

Este corte supoñerá un problema moi grande non solo para as numerosas familias da zona, senón tamén para empresas locais as que o peche deste servizo imposibilitara o seu funcionamento.

Apoyar ahora
Firmas: 339Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición