SOS Escola de Música de Foz

SOS Escola de Música de Foz

Creada
15 de junio de 2021
Dirigida a
CONCELLO DE FOZ
Firmas: 1063Próximo objetivo: 1500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por ANPA Escola de Música de Foz

Solicitamos de forma enérxica que se solucionen os desaxustesentre as necesidades da escola a nivel laboral e as prazasque o Concello oferta. Desaxustes que poden provocar nesta ocasión a dimisión de profesorado que vénrealizando desde hai anos o seu traballo nesta escola cunnivel exquisito de implicación, dedicación e calidade.  

Por isto pedimos que se convoque para o vindeiro curso 2021-2022 unha praza de xornada completa de 12 meses de duración que permita reforzar as tarefas da dirección como vén sendo requerido e que proporcione unhas condiciónslaborais dignas e sostibles á persoa que a ocupe.

A ESMU de Foz é un exemplo de traballo ben feito, elevou a educación musical do concello, formou e segue a formar a  moitas nenas, nenos e persoas adultas que pasaron e pasan polas súas aulas. No presente é un referente entre as escolas de música da Mariña. Espero e esixo dos nosos gobernantes que esteñan á altura do traballo feito por estes traballadores e traballadoras e den boa mostra respondendo a tempo e coa debida eficacia ás súas demandas, que mediante a presente tomo e fago miñas como cidadá desta vila.

Apoyar ahora
Firmas: 1063Próximo objetivo: 1500
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición

  • CONCELLO DE FOZ