Os artistas escénicos denuncian o abuso da UEFA

Os artistas escénicos denuncian o abuso da UEFA

Creada
14 de mayo de 2019
Dirigida a
Firmas: 86.798Próximo objetivo: 150.000
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Asociación de Profesionales de la Danza en la Comunidad de Madrid

Castellano English Française Deutsche Nederlands Portugues Italiano Català Valencià Euskera

Os artistas escénicos denuncian o abuso da UEFA

Non se constrúe un sector sostible convocando un casting para ofertar voluntariado nun acto da envergadura da Cerimonia de Apertura para a Final da UEFA Champions League.

Esta denuncia xurde a partires da publicación desta audición por unha Productora xa veterana na organización de producións artísticas, SoldOUT, convocando a un casting para 200 artistas “voluntarios”, “maiores de 16 años”, con dispoñibilidade para “ensaiar entre o 15 de maio e o1 de xuño”, acompañando nesta Cerimonia a “un artista musical de fama mundial e un coreógrafo de recoñecido prestixio internacional”.

As asociacións Apdcm[1] e ConARTE[2] so poden denuncia-lo atentado á dignidade e os dereitos das e dos artistas escénicos. Como xa fixeran ante as ofertas de traballo non remunerado “a cambio de mención en créditos” para participar en 080 Barcelona Fashion Week (unha iniciativa da Generalitat de Catalunya), ou na Gala dos Goya (organizada pola Academia do Cine) e notificar á Inspección de Traballo a alarmante proliferación destas malas prácticas.

Queremos que a Cerimonia de Apertura para a Final da UEFA Champions League, o meirande evento do fútbol profesional europeo, sexa un exemplo de boas prácticas para o sector do entretemento. E que dende as institucións deportivas sexan respectada-las condicións laborais e salariais dun sector xa suficentemente depauperado y fráxil: o sector dos artistas escénicos.
Consideramos un insulto e menoscabo da capacidade profesional a todos os traballadores e ao colectivo de artistas cando non se lles quere pagar polo seu traballo. hoxe falamos de bailaríns, maña poderían pedir voluntarios para calquera outra profesión

Reclamamos que unha entidade como a UEFA sexa un exemplo de boas prácticas, en defensa dos artistas escénicos, rexeitando enerxicamente este tipo de conductas, que atentan contra a dignidade dos traballadores, vulneran a normativa laboral vixente e supoñen un fraude á Seguridade Social.

Reclamamos ao Ministerio de Educación Cultura e Deporte, e á Real Federación Española de Fútbol como membro da UEFA, que apoie as boas prácticas no noso país desta entidade Europea. Reclamamos ás entidades privadas que patrocinan o evento, que exixan tanto á UEFA, á Productora SoldOUT como a calquera outra empresa subcontratada, o cumprimento da legalidade laboral vixente e unha inversión ética do esforzo económico que realizan apoiando este evento.

Os artistas a Danza atópanse hoxe no noso país, cunha situación que detalla o anuario SGAE: “La Danza: comparando los resultados obtenidos en 2017 con los de 2008, tiene importantes pérdidas en los tres indicadores: del 56% en el número de representaciones, del 46,3% en la asistencia y del 54,6% en la recaudación”. Con estes índices, caindo durante 10 años máis que en calquera outro sector das artes escénicas, as tímidas recuperacións que a danza do noso país está experimentando no último exercicio fálannos de situacións humanas que poderán imaxinar complicadas, tanto que, segundo o Estudio socio laboral del colectivo de actores y bailaríns en España, o 92% dos intérpretes teñen ingresos inferiores aos 12.000 euros anuais; estamos falando dun perfil profesional maioritario de mulleres de 33 años con educación superior e 600€ de ingresos mensuais, cando teñen traballo...

Nesta ocasión non se trata de ningún evento benéfico para os que se podería expor unha colaboración desinteresada. Non hai nada peor que expor estes asuntos como dicotomías excluíntes entre seareiros e artistas, entre profesionais e afeccionados, cando a cuestión é moi diferente: se a UEFA reivindica o respecto como valor, debe comezar por respectar aos profesionais que quere que traballen no evento deportivo da liga europea, en lugar de vestir una oferta de traballo como voluntariado...


Atentamente,

Asociación de Profesionais da Danza na Comunidade de Madrid
Cl. Conde Vistahermosa, 9
Tel: 915695195
Contacto: conarte.media@gmail.com
Redes sociais: https://www.facebook.com/APDanzaMadrid/
https://twitter.com/apdcm

[1]Asociación de Profesionais da Danza na Comunidade de Madrid (APDCM)
[2]Confederación de Artistas-Traballadores do Espectáculo (ConARTE)

APDCM é un sindicato da confederación ConARTE,
ConARTE é membro da FIA (Federación Internacional de Actores)

Esta campaña internacional parte dunha idea orixinal de N.M.
Tradución ao galego de (EGF)

Apoyar ahora
Firmas: 86.798Próximo objetivo: 150.000
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición