AS PROMESAS QUE LEVA O VENTO... EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ!

AS PROMESAS QUE LEVA O VENTO... EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ!

Creada
3 de febrero de 2021
Dirigida a
Ángeles Vázquez Mejuto. Conselleira de MATV. Xunta Galicia y
Firmas: 768Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

NON AOS PARQUES EÓLICOS NA SERRA DA GROBA!

https://iem.gal/2018-novas/ecoloxia/manifesto-de-oposicion-aos-parques-eolicos-das-serras-da-groba-e-do-galineiro/

- Porque as obras de instalación (pistas, movementos de terra, escavacións, explanacións... ) destrozarán para sempre a paisaxe natural da nosa serra.

- Porque atentan directamente contra a biodiversidade (fauna, flora) e os cursos de auga da Serra da Groba.

- Porque desprezan o noso patrimonio natural, cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico.

- Porque non son alternativa enerxética. Non nos liberarán do consumo de petróleo ou gas.

- Porque forman parte dun Plan Eólico claramente deseñado para  favorecer ás grandes empresas a costa da  cidadanía e amparado pola Xunta de Galicia coa súa  "Lei de Depredación" (Lei  5/2017, de 19/10)

- Porque non é certo que xeren riqueza nas parroquias, nos concellos ou nas comarcas afectadas.

- Porque non é certo que xeren postos de traballo estables nin que axuden a fixar poboación no rural.

- Porque hai alternativas,  outras fontes de enerxía e outros modelos enerxéticos, económicos e sociais!

MANIFESTAMOS a nosa absoluta OPOSICIÓN á inxustificable INDUSTRIALIZACIÓN da SERRA DA GROBA mediante a instalación de 44 AEROXERADORES fraudulentamente repartidos en 6 PARQUES EÓLICOS,  

DENUNCIAMOS a OPACIDADE do modelo seguido na adxudicación e tramitación dos expedientes así como o APROVEITAMENTO da COVID19 para DIFICULTAR a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e

SOLICITAMOS da XUNTA DE GALICIA a inmediata PARALIZACIÓN dos EXPEDIENTES e a DERROGACIÓN da NORMATIVA que os regula.

 

Apoyar ahora
Firmas: 768Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición

  • Ángeles Vázquez Mejuto. Conselleira de MATV. Xunta Galicia
  • María Sagrario Pérez Castellanos, D. X. Calidade Ambiental
  • Belén María do Campo Piñeiro, D.X. Patrimonio Natural