A saúde é unha cuestión de familia

A saúde é unha cuestión de familia

Creada
4 de agosto de 2020
Dirigida a
Consellería de educación, universidade e formación profesional
Firmas: 1482Próximo objetivo: 1500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

CONFAPA Galicia, que agrupa á maioría das asociación de país e nais de alumnos de centros públicos de Galicia, una vez coñecido o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21, excluídos os representantes das familias do debate e da participación na redacción do devandito protocolo, desenvolve unha campaña para lograr unha rectificación por parte da Xunta na que sexan escoitadas e tidas en conta as nosas propostas.

O Protocolo  establece como medida central a creación de “grupos burbulla” de 25 alumnos, entre os que non habería medidas de protección, pero deixa sen resolver o inevitable contacto entre varios grupos. Tampouco contempla o aumento no número de profesores, aos que se encomendan novos labores de vixilancia, a adaptación dos espazos físicos dos centros nin das quendas de entrada e saída de clases ou de comedor. Igualmente quedan mal regulados aspectos como o transporte escolar, as actividades extra escolares ou a formación de profesores e alumnos fronte á posibilidade de ter que realizar de novo formación a través da rede. O protocolo contempla ademais a creación de comisións Covid19 en cada centro, para adaptalo ás circunstancia particulares, pero excluíndo de novo desa comisión aos representante das familias.

CONFAPA Galicia solicita a túa sinatura de apoio para esixir á Xunta de Galicia que as familias estean representadas na revisión do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 na Mesa Sectorial creada pola Consellería de Educación.

Consideramos que as familias teñen un papel básico na educación para a saúde e na prevención da COVID19 e son en última instancia as que sofren as consecuencias dunha mala planificación que podería provocar infeccións entre os nosos fillos.

Apoyar ahora
Firmas: 1482Próximo objetivo: 1500
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición

  • Consellería de educación, universidade e formación profesional