Salvemos o Val do Río Rato (pulmón verde de Lugo) NON Á ROLDA LESTE

Salvemos o Val do Río Rato (pulmón verde de Lugo) NON Á ROLDA LESTE

Started
April 3, 2023
Signatures: 3,590Next Goal: 5,000
Support now

Why this petition matters

Started by ADEGA Lugo

A Xunta de Galicia, vén de sacar a exposición pública o proxecto da Rolda Leste, unha autovía urbana de dobre carril con 2,8Km de lonxitude, que destruiría unha das zonas máis valiosas da cidade de Lugo. Podes acceder aquí ao proxecto. Hai ata o 18 de abril para presentar as alegacións. 

Os colectivos e persoas individuais asinantes opoñémonos á construción da Rolda Leste polos motivos que se sinalan neste manifesto. 

Se como colectivo queres sumarte públicamente á campaña, envía un correo a adegalugo@adega.gal indicando a adhesión ao manifesto Salvemos o val do río Rato (pulmón verde de Lugo). 

Ao final podes ler a versión resumida do manifesto noutros idiomas.

  • A Rolda Leste sería unha infraestrutura innecesaria altamente custosa

Esta autovía urbana aparece por primeira vez no PXOM de Lugo. Este planeamento deseñado para unha poboación de máis de 250.000 habitantes, consideraba que a poboación do municipio sería no ano 2020 de 115.000 habitantes. Polo tanto, estamos ante un planeamento sobredimensionado que non se axusta á realidade da cidade, pois a poboación de Lugo leva anos estancada sen chegar a 100.000 habitantes.

Tampouco se prevé que o parque móbil aumente no futuro. En primeiro lugar debido ao fin da era do petróleo e á imposibilidade de relevar todos os automóbiles de combustión por outras tecnoloxías de carácter renovábel. E en segundo lugar, polo incremento da mobilidade sustentábel. Os altos gastos que carrexa o vehículo privado fan que as novas xeracións utilicen menos o coche, como se pode observar no continuado descenso de mozos e mozas que sacan o carné de conducir. Por tanto, as vías existentes, como a estrada do Rato, teñen capacidade para asumir o tráfico existente.

Un dos argumentos que se esgrimen para a construción desta autovía é o de dar acceso ao HULA dende os concellos pertencentes á area sanitaria de Lugo. Porén, este acceso xa está garantido pola A6 por Nadela para as conexións coas Comarcas da Ulloa e Sarria, e dende a saída da Estrada da Fonsagrada para a zona dos Ancares. Tamén as estradas da Fonsagrada e de Oviedo conectan co centro hospitalario.

Non hai ningún estudio de mobilidade que xustifique a necesidade de construción desta autovía que avalíe a repercusión que vai ter sobre a mobilidade da cidade.

Preténdense investir 20 M€ nunha infraestrutura innecesaria, que non se axusta á realidade da cidade de Lugo e que non vai mellorar a mobilidade urbana. Este investimento público podería dirixirse á mellorar os viarios existentes e nun transporte público eficiente e colectivo. 

  • A Rolda Leste sería  unha infraestrutura con alto impacto ambiental

Son moitas as persoas que se achegan ao Paseo do Rato para facer deporte, ou pasar un rato de lecer. Foi durante o tempo do confinamento no que gran parte da poboación lucense atopou reconforto neste espazo hoxe ameazado.

O valor ambiental e paisaxístico deste parque periurbano, reside no entorno no que se asenta, o val do río Rato (ou Fervedoira). Este gran cinto verde conecta o rural co urbano, e conta cunha gran riqueza ambiental, cultural, paisaxística e etnográfica, é a principal infraestrutura verde de uso público da cidade. 

O Val do Rato recóllese no proxecto de Estratexia Galega de Infraestrutura Verde coma unha zona clave para a prestación dunha extensa gama de servizos ecosistémicos indispensables para as habitantes de Lugo, que redundan no aumento da súa calidade de vida. É unha infraestrutura verde que mellora a calidade do aire da cidade, a gran masa arbórea prevé ademais corrementos de terras ou inundacións durante os episodios de fortes choivas, cada vez máis habituais. Serve de corredor e refuxio para múltiples especies, e os bosques maduros aportan á zona unha grande diversidade micolóxica. Calquera outra cidade pagaría por ter un entorno así.

O trazado proxectado causaría un impacto irreversible sobre unha das zonas máis valiosas de Lugo. A construción da Rolda Leste alteraría de forma grave e irreversible as funcións desempeñadas por este espazo, afectando, desta forma, á calidade de vida dos lucenses. Crearía unha fronteira de asfalto, fragmentando o territorio e provocando a consecuente degradación paulatina da zona, destruiría a infraestrutura verde, así como os camiños históricos con todo o patrimonio asociado, degradaría totalmente a paisaxe dunha zona privilexiada dentro do Plan Especial de Protección do Río Miño (PEPRIM). É incongruente que nun espazo protexido, onde non se pode construír se proxecte unha infraestrutura de alta capacidade como a Rolda Leste.

A construción da Rolda Leste arrasaría o hábitat de interese comunitario (HIC 9230-Carballeiras de Quercus pyrenaica e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyranaica do Noroeste Ibérico), carballeiras protexidas polo PEPRIM. 

Lugo é a única capital de provincia da Península Ibérica que ten o privilexio de estar dentro dunha Reserva da Biosfera. Con este proxecto estaríase destruíndo unha das zonas de maior valor ambiental da capital e polo tanto incumpriría parte dos obxectivos da Reserva da Biosfera Terras do Miño. 

  • A tramitación da Rolda Leste non ten garantías ambientais

A Xunta da por válida a declaración de impacto ambiental de hai 19 anos. Os novos cambios de trazado ou a construción dun terraplén de 23 m de altura (é dicir como un edificio de 7 plantas) non son avaliados ambientalmente. Esta declaración foi emitida en base a datos desfasados, non inclúe especies ameazadas, e está baseada en lexislación totalmente obsoleta anterior á Lei 21/2013 de avaliación ambiental. 

O proxecto actualizouse dende un plano técnico, pero non fixo esa mesma actualización aos novos requerimentos ambientais. Ademais, tanto no proxecto inicial como o proxecto actual obvian que o trazado afecta á Reserva da Biosfera Terras do Miño. 

  •  A Rolda Leste non ofrece garantía social

Pensada para unha maior poboación, esta infraestrutura vai afectar á poboación urbana e rural de Lugo. Os núcleos de Bosende e Barbaín serían zona de sacrificio, quedarían recluídos entre dúas vías de alta capacidade, con apertura de pistas innecesarias, destrución de vías de comunicación existentes, da identidade, da etnografía e da paisaxe. 

  • O proxecto da Rolda Leste é anticuado e vai en contra da mobilidade sustentábel e adaptación ao cambio climático

O proxecto vai en contra das tendencias actuais de mobilidade sustentable, que perseguen darlle máis espazo ao peón e a outros métodos de desprazamento máis sustentables, quitándolle o protagonismo ao vehículo privado, contra todas as premisas de mobilidade sustentábel propostas no Plan de Acción Lugo Cidade Verde, na Axenda 2030.

Calquera cidade pagaría por ter un espazo natural como o que temos, con árbores centenarias que conforman o val do río Rato e melloran a calidade do aire da cidade. Este proxecto pretende destruír o pulmón verde de Lugo, para dar paso ao vehículo privado seguindo coas políticas que agravan o cambio climático, e favorecen o aumento de emisións contaminantes.

O investimento de 20M€ podería servir para conservar o patrimonio natural e etnográfico desta zona,  mellorar os accesos á cidade, garantindo a seguridade para o peón e bicicletas, mellorando a calzada do Rato, e favorecendo o transporte público seguro e de calidade, que se axuste á realidade da cidade de Lugo e ás necesidades da veciñanza. 

  • A Rolda Leste podería afectar negativamente ao turismo

Sendo Lugo a única capital de provincia dentro dunha Reserva da Biosfera, o turismo que busca espazos naturais atopa en Lugo un bo destino, xa que ademais do entorno privilexiado, a cidade de Lugo conta con tres Patrimonios da Humanidade.

Este proxecto suporía a destrución do val do río Rato e da calidade paisaxística tal e como hoxe a coñecemos. Na actualidade este parque periurbano na Reserva da Biosfera Terras do Miño é, segundo o portal especializado en viaxes TripAdvisor, un dos destinos preferidos das persoas que visitan a provincia de Lugo. 

Así mesmo, a vía proxectada atravesaría de feito irreversible a Vía Künig (Camiño de Santiago) e a Vía Romana XIX ao seu paso por Lugo. 

ASINAN O MANIFESTO:

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Sociedade Micolóxica Lucus, Asociación As carballeiras de Bosende, Paredes e Anguieiro, Asociación Foliada de Bosende, Asociación cidadá contra a letra pequena - CONLUPA, Amigos do Paseo do Rato, Asociación Galega de Custodia do Territorio, Asociación Morcegos de Galicia, CIG Lugo-A Mariña, Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, Plataforma Social Vía Galega, Club Cultural Valle-Inclán, Asociación Lugo Patrimonio, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asoc. de Amigos do Museo e Castro de Viladonga, Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL), ANPA Rosalía de Castro, Asociación Bosque Sagrado de Lugo, Plataforma Feminista de Lugo, Asemblea de Humanidades, COMPASSES,  Asociación Cultural da comarca dos Ancares Rente ao Couce, Asociación A Monte, CS Mádia Leva, CSA A Hedreira, A Solaina, Bloque Nacionalista Galego, Esquerda Unida Lugo, Circulo Podemos Lugo, Podemos Galicia, Ciudadanos Lugo, Grupo Municipal Ciudadanos Lugo.

NO TO THE EAST HIGHWAY SAVE THE RATO RIVER VALLEY

  • UNNECESSARY AND EXPENSIVE INFRASTRUCTURE

This plan was designed for a population of more than 250,000 inhabitants, predicting the population of Lugo in 2020 would be 115,000, but today it remains under 100,000. The existing highways have the capacity to handle all city traffic.

There is no mobility study that justifies the highway, or that demonstrates the impact it will have on urban mobility in Lugo.

  • HIGH NEGATIVE  ENVIRONMENTAL IMPACT

The planned highway would cause an irreversible impact on one of the most valuable areas of Lugo. It would fragment and degrade the biodiversity with an asphalt border, destroying centuries-old native oak forests. The highway would destroy historical walking paths that have connected citizens of Lugo with nature throughout history. Even more, the affected zone is protected within the Special Plan for the Protection of the Miño River (PEPRIM). Lugo is the only city capital in the Iberian Peninsula inside a UNESCO Biosphere Reserve Terras do Miño which includes the area impacted by the highway.

  • DAMAGES RURAL COMMUNITIES

Designed for a larger population, this infrastructure will affect the urban and rural populations of Lugo. The communities of Bosende and Barbaín would be the most severely affected, enclosed between two high-traffic roads. The proposed highway will also degrade existing transportation routes, identity, ethnography, and landscape (Patrimony Law of Galicia of 2016).

  • REQUIRES ENVIRONMENTAL IMPACT STUDY

The Regional Government of Galicia accepts the environmental impact assessment of 19 years ago as valid. This assessment does not consider the construction of a 23m high embankment (7-stories high) in the Samai watershed. Nor does it assess the impact on endangered species (Law 21/2013 of Environmental Assessment). It is critical to quantify these environmental damages in order to accurately weigh costs and benefits.

  • AGAINST SUSTAINABLE MOBILITY AND ADAPTATION TO CLIMATE CHANGE

Any city would pay to have a natural space like The Rato River Valley, with centuries-old trees that improve the city's air quality. This project would destroy the green lung of Lugo, going against sustainable mobility objectives proposed in the Lugo Green City Action Plan, in Agenda 2030.

  • NEGATIVE IMPACT ON TOURISM 

This proposed highway would destroy the Rato River Valley and greatly reduce the landscape quality that we know today. Currently, this peri-urban park in the UNESCO Biosphere Reserve Terras do Miño is rated by TripAdvisor as one of the preferred destinations of people visiting the province of Lugo. Also, the highway would pass directly through The Künig Way (The Pilgrimage of Santiago) and the Roman Trail XIX, damaging  medieval tourist attractions integral to the regional economy.

Description of the diagram:

Cross section of the highway that passes through the Samai riverbed. Height of 23 meters, width with embankment 102 meters, walkway underneath (tunnel) 30 meters long. 

 

 

Support now
Signatures: 3,590Next Goal: 5,000
Support now
Share this petition in person or use the QR code for your own material.Download QR Code