Paremos a barbarie - Vigo con Palestina. Chamamento para a mobilización cidadá

Paremos a barbarie - Vigo con Palestina. Chamamento para a mobilización cidadá

Creada
28 de marzo de 2024
Firmas: 587Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

PAREMOS A BARBARIE

RECOLLIDA DE SINATURAS PRO MANIFESTACIÓN UNITARIA EN VIGO EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

As asinantes deste escrito, veciñas da comarca de Vigo, entendemos imprescindible a implicación dun xeito transversal, unitario e sen protagonismo algún de todas as forzas políticas, sindicatos, asociacións cívicas, veciñais, culturais... para acadar unha grande mobilización na nosa cidade ante a insoportable, gravísima e interminable situación que está a suceder en Palestina.

Unha bisbarra que sempre se mobilizou dun xeito solidario e xeneroso cando a gravidade das circunstancias o precisaron (Non á Guerra, Prestige/Nunca Máis, Crise de Refuxiados...) ten que manifestarse dun xeito multitudinario na defensa dos dereitos máis básicos que se están a vulnerar en Gaza e Cisxordania.

MANIFESTO

VIGO CON PALESTINA, PARAR A BARBARIE

O criminal asedio sobre a poboación de Gaza e a devastadora invasión do seu territorio está ocasionando unha indescritible matanza e un sufrimento de dimensións inimaxinables .

Superadas xa as 30.000 falecidas, en boa parte menores, ducias de milleiros de feridas e desaparecidas, destrucións de vivendas, infraestruturas e hospitais provocando dous millóns de desprazadas así o evidencian.

Manter á poboación sen, luz, auga, combustible e alimentos é un crime de lesa humanidade que viola a Convención de Xenebra e a Carta dos Dereitos Humanos.

Non hai xeito de xustificar o xenocidio que practica o Estado de Israel contra o pobo palestino.

Estes feitos son a antítese dunha argumentada “Lexítima Defensa”.

Israel non ten dereito a ocupar Palestina nin a decimar á súa poboación.

Debemos deter esta atrocidade que incrementa o risco de escalada militar na rexión e pon en perigo a paz. Defender hoxe ó pobo palestino é defender a paz e a liberdade en todo o mundo.

A nosa obriga e apoiar a xusta causa do pobo palestino pola súa libre determinación, incluíndo o dereito a un Estado Palestino tal e como recoñece Nacións Unidas.

Apoiamos a iniciativa de Sudáfrica ao respecto de que a Corte Penal Internacional se pronuncie sobre si as accións que o estado de Israel perpetúa contra o pobo palestino están a provocar un xenocidio e conforman un réxime de apartheid.

Así mesmo, apoiamos a suspensión do comercio de armas con Israel.

Urxe un alto o fogo, que Israel deteña o seu criminal asedio, cumprindo co dereito internacional e habilite eficaces corredores humanitarios.

 

ASINADO: COMISIÓN CIDADÁ PRO MANIFESTACIÓN UNITARIA EN VIGO EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO - PAREMOS A BARBARIE

Apoyar ahora
Firmas: 587Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR