Máis saturación, non! Carballo precisa outro centro de saúde

Máis saturación, non! Carballo precisa outro centro de saúde

Inició
7 de octubre de 2021
Petición para
Xunta de Galicia y
Firmas: 432Próximo objetivo: 500
Apoya la petición ahora

¿Por qué es importante esta petición?

Iniciada por BNG CARBALLO

O abandono dos servizos médicos en Carballo por parte do SERGAS é unha cuestión histórica, como históricas son as demandas do BNG nesta materia. Moito antes da construción do Hospital de Cee, Carballo xa viña demandando un hospital comarcal, e dende hai xa bastantes anos vense reclamando que se cumpra a ratio establecida para a atención primaria dun máximo de 20.000 habitantes por centro de saúde.

Durante os anos de goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza, en Carballo elimináronse especialidades e non se dotou o centro de saúde do persoal suficiente nin do espazo físico necesario para prestar o servizo de calidade que merecen os vecinos e as veciñas do noso concello, que, polo contrario, sofren a diario a masificación do edificio.

Se a Xunta de Galiza está a deseñar un Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, no caso do Concello de Carballo debería contemplar todas estas cuestións que son fundamentais para garantir unha atención sanitaria cunha calidade mínima e os estándares marcados para todo o territorio estatal, ademais de garantir que se cubran as ausencias e as baixas para non sufrir períodos de agarda nas citas médicas de ata 26 días, como vimos de sufrir este verán.

En consecuencia, as persoas abaixo firmantes DEMANDAMOS DA XUNTA DE GALICIA:

-A inclusión, dentro do seu Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, da construción dun novo centro de saúde no municipio de Carballo, de xeito que se respecte a ratio de 20.000 habitantes por unidade de atención primaria, como se respecta en todos os concellos galegos de máis de 30.000 habitantes agás o noso.
-A recuperación dos servizos e especialidades eliminados, así coma o incremento da carteira de especialidades con medicina interna, otorrinolaringoloxía, dermatoloxía e cardioloxía, como mínimo.
 

Apoya la petición ahora
Firmas: 432Próximo objetivo: 500
Apoya la petición ahora
Comparte esta petición en persona o utiliza el código QR en tus diseños de promoción.Descargar código QR