Petición para solucionar os problemas do transporte público en Ribeira

Petición para solucionar os problemas do transporte público en Ribeira

Creada
1 de octubre de 2021
Dirigida a
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade y
Victoria
¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 503 firmas!

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Luís Pérez Barral

O transporte público é un servizo esencial para garantir que as persoas poidan desprazarse no territorio, poidan acudir ao traballo ou mesmo ao médico pero tamén debe ser unha prioridade coa que contribuír a reducir o uso do vehículo privado e reducir a contaminación atmosférica. Apostar polo transporte público tamén melloraría o caos de tráfico e a falta de estacionamentos que actualmente ten Ribeira.

Trala entrada en funcionamento de Monbus como concesionaria do transporte público os problemas non deixan de sucederse e provocan graves problemas ás persoas usuarias do transporte público.

Nas horas escolares os nenos e nenas que se dirixen aos centros escolares ou para a casa de volta, poden ir con outras persoas usuarias no mesmo autobús. Isto non sería un problema se houbese prazas suficientes pero en moitas ocasións, o bus vai cheo e non pode coller a ninguén máis. As persoas que están na parada vense na obriga de agardar a que pase o seguinte bus.

Os horarios non se cumpren porque o tempo estipulado por Monbus para facer os traxectos son totalmente insuficientes e irreais, habería que reforzar o servizo para que se cumprisen. Habería tamén que poñer os horarios en todas as paradas e marquesiñas.

Debería haber máis autobuses urbanos que faciliten o acceso de persoas maiores, persoas con mobilidade reducida e persoas con carros de bebé ou de compra, xa que os actuais son moi altos.

O BNG e as persoas asinantes solicitámoslle á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Ribeira:

1. Cumprir cos horarios establecidos.

2. Incremento de prazas nas horas escolares que evite que haxa rapazada que teña que agardar o seguinte bus.

3. Incremento dos autobuses adaptados que faciliten o acceso de cadeiras de rodas, carros de crianza e de compra.

4. Colocar os horarios en todas as nas marquesiñas e mellorar a información de interese.

5. Habilitar de maneira automática as viaxes gratuítas da Tarxeta Xente Nova sen ter que pasar polo banco.

6. Habilitar atención presencial na oficina de Ribeira.

7. Que a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Ribeira lle esixa a Monbus o cumprimento dos horarios e condicións do contrato.

Victoria

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 503 firmas!

Comparte esta petición

Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición

  • Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
  • Alcalde de Ribeira