QUEREMOS CALIDADE EDUCATIVA?. REDUCIÓN DE RATEOS E DE HORARIO LECTIVO XA!

QUEREMOS CALIDADE EDUCATIVA?. REDUCIÓN DE RATEOS E DE HORARIO LECTIVO XA!

Creada
10 de marzo de 2022
Firmas: 711Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por ANPE Galicia

ANPE Galicia leva anos reivindicando ante a Administración Educativa que a baixada de rateos alumnado/profesor na Comunidade Autónoma é imprescindible para mellorar as condicións laborais dos e das docentes e os resultados educativos do alumnado.

No momento que estamos vivindo danse as condicións propicias para por en marcha un plan de redución de rateos a medio prazo. O incremento de dotacións humanas –reforzos COVID- dos centros educativos como consecuencia da pandemia que nos está golpeando desde hai máis de dous anos debe consolidarse e aumentarse nos vindeiros cursos.
 

 
A dotación de profesorado de reforzo COVID, que se notou especialmente no curso 2020/2021 e que permitiu levar a cabo con suficiente éxito a abordaxe do curso máis complexo tras o confinamento xeral da poboación, viuse diminuída no presente curso escolar.


Entendemos que se trata dunha medida moi ambiciosa e que non pode acadarse de forma inmediata, dado o importante nivel de recursos económicos que esixe. Non obstante, si estamos convencidos de que se trata dunha medida que pode acometerse a medio prazo e que require dunha planificación exhaustiva. 

Polo tanto, solicitamos formalmente á Consellería de Educación que deseñe unha estratexia plurianual para acometer tanto a redución das rateos como a volta ao horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 nos restantes corpos para mellorar a calidade do noso sistema educativo. Se queremos mellorar a calidade do ensino e garantir a atención á diversidade, necesitamos máis docentes nos centros educativos que poidan deseñar estratexias innovadoras, eficaces e eficientes nas aulas. A súa presenza é fundamental para impulsar a escola pública e mellorar a capacitación das novas xeracións, algo clave para transformar a sociedade na que vivimos.

Apoyar ahora
Firmas: 711Próximo objetivo: 1000
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR